O colectivo sarriao Grupo Xacobeo organiza unha ruta por Segovia a finais de abril
O Grupo Xacobeo de Sarria organiza para os vindeiros 29 e 30 de abril e 1 de maio unha ruta pola provincia de Segovia.
Baixo o nome de ‘Hoces Duratón’, as persoas interesadas en participar desta actividade percorrerán durante tres días as ciudades e vilas de Segovia, Arévalo, Sepúlveda, Pedraza e La Granja.
Nesta iniciativa de tres días, poderase coñecer a capital, declarada como Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1985.
Así, defenden desde o colectivo sarriao, visitarán casas nobres, pazos e igrexas románicas, así como o recoñecido Acueducto de Segovia.
Poderase reservar praza para desfrutar desta actividade ata o vindeiro 23 de abril, cun custo de 270 euros os que non son socios e de 260 euros os que o son, nos que se inclúe o desprazamento, os seguros, as comidas e o aloxamento.