O colexio de Samos conta cun novo mural de Rosalía de Castro grazas a Rubén Paz

SarriaXa
A iniciativa, na que o autor é Trece Trazos, foi promovida polo Concello de Samos e pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
Mural-colexio-Samos-Trece-Trazos
15 Out 2024

O CEIP Samos vén de estrear un mural feito polo lugués Rubén Paz, máis coñecido artísticamente por Trece Trazos, que decora xa a cociña do centro educativo.

A iniciativa, promovida polo Concello de Samos e a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, serve para decorar unha parede branca cun motivo especial: a cara de Rosalía de Castro co texto ‘Miña terra, miña terra’.

Este anaco de texto correspóndese ao poema de Rosalía de Castro de ‘Adiós ríos, adiós fontes’, que di: “Miña terra, miña terra, terra donde m'eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei”.

Con esta acción, non só se mellora esteticamente unha zona concorrida da escola de Samos, senón tamén se educa en historia da literatura galega e no coñecemento dunha figura representativa para Galicia e o feminismo.

0.2096118927002