O colexio de Samos conta cun novo patio inclusivo para os nenos e nenas

SarriaXa
O colexio de Samos conta cun novo patio inclusivo para os nenos e nenas grazas á achega da Consellería de Igualdade
patio ceip Samos
3 Mar 2023

O CEIP de Samos xa conta cun novo patio inclusivo cuxa posta a punto realizouse coa achega económica da Consellería de Igualdade, que percibiu a Anpa do colexio.

Ademais, outra partida foi destinada á realización de obradoiros con contido de actividades coeducativas para erradicar os estereotipos e a violencia de xénero e educar aos nenos e nenas en Igualdade.

Por outra banda, e con parte dos presupostos de que dispón o propio Colexio por parte da Consellería de Educación, levouse a cabo o reacondicionamento dunha aula para xogos.

0.092024087905884