O colexio de Samos expón as características que posúe durante as xornadas de portas abertas
O CEIP de Samos tamén ten abertas as súas portas para que os pais e nais interesados en coñecer o colexio, poidan facelo.
Entre as características que posúe este colexio rural, atópanse as aulas multigrao, a aprendizaxe individualizada e baseada no traballo cooperativo e na contorna do centro e colaboración con outros centros da contorna, como o de Triacastela.
Por outra banda, o alumnado ten a posibilidade de participar en proxectos como o programa E-Dixgal Voz Natura, proxecto Ríos e Prensa na escola, entre outros.
A nivel de instalacións, os nenos contan con aulas amplas, sala de xogos, sala de psicomotricidade, parque, patio e portátiles para todo o alumnado de primaria.
Con respecto ao horario, é de 10.00 a 16.30 horas, con posibilidade de quedar no comedor e con transporte escolar. Ademais, hai actividades extraescolares ás que poden acudir, como inglés, multideporte e piscina.
As persoas interesadas en coñecer máis sobre o colexio ou concertar unha cita, poden chamar ao número 982 82 82 59.