O colexio do Páramo conmemorará o seu 30 aniversario cunha placa
O CEIP Plurilingüe do Páramo prepara unha placa conmemorativa para celebrar os trinta anos que cumpre despois de que abrira as súas portas no ano 1993.
O día que o colexio abriu contaba con 154 alumnos e alumnas, unha situación moi diferente á de hoxe, que ten 45 e 4 profesores fixos, mentres que dous días á semana vai unha profesora de Audición e Linguaxe, e unha vez á semana unha pedagoga terapéutica e un orientador.
No colexio, que quere seguir mantendo vivo o espírito educativo, contan cun club de lectura, coa actividade A Mochila Viaxeira da Xunta de Galicia e con actividades extraescolares deportivas que se realizan na pista deportiva, todo co fin de mellorar desenvolvemento do alumnado no centro.
Ademais, desde o Concello do Páramo din querer seguir mellorando as instalación do centro a través da construción dun parque infantil, tanto para o alumnado como para o resto dos veciños e veciñas.