O comercio de Láncara volve animarse a decorar os seus establecementos con motivo do Nadal

SarriaXa
Unha veciña da Pobra de San Xiao, en Láncara, Patricia Sánchez, vén de propoñer aos veciños e comerciantes da parroquia e capital comercial do municipio que decoren os seus comercios con motivo do Nadal,
ganador concurso nadal lancara
22 Nov 2023

Unha veciña da Pobra de San Xiao, en Láncara, Patricia Sánchez, vén de propoñer aos veciños e comerciantes da parroquia e capital comercial do municipio que decoren os seus comercios con motivo do Nadal, tal como o propuxo para a festa de Samaín.

Así, anima a comerciantes e veciños e veciñas da vila a que enchan os seus establecementos de motivos nadaleños para “impulsar o pequeño comercio e o medio rural”, tal como explica.

Sánchez espera que haxa moita participación, como a houbo durante a campaña de Halloween co fin de “dicirlle a todos que o noso pobo existe e que somos os mellores”, sostivo.

Xa hai varias persoas que apoiaron esta iniciativa e que din sumarse, polo que dentro de pouco os veciños e veciñas da Pobra de San Xiao verán a súa vila chea de adornos de Nadal.

0.17259001731873