O concelleiro de Deportes do Páramo, Benjamín García, asume a Alcaldía do Concello

Benjamín García Toirán, tenente de alcalde do Páramo, asumirá o posto de rexedor despois de que o alcalde José Luis López, asinara unha resolución pola cal transfire as súa funcións, por razóns de saúde, durante o tempo que a súa enfermidade dure.
Así, delega as funcións e competencias de xestión e dirección, ademais da facultade de resolver os procedementos administrativos oportunos mediante a adopción de acordos administrativos que afecten a terceiros.
O PP conta con maioría, polo que o traballo seguirá na mesma liña, a pesar de que José Luis López deixa temporalmente a Alcaldía do Páramo.
Pola súa parte, Benjamín García Toirán, quen é da confianza do alcalde e responsable da concellaría de Deportes, seguirá o camiño do rexedor.