O Concello de Láncara abre o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas de Láncara

SarriaXa
Ofértanse cinco disciplinas para os nenos e nenas do municipio: fútbol sala, baloncesto, atletismo, bádminton e pádel
Deporte-Lancara
8 Out 2024

O Concello de Láncara abre o prazo para inscribirse nas Escolas Deportivas de Láncara, que ofrecen cinco disciplinas: fútbol sala, baloncesto, atletismo, bádminton e pádel que se desenvolverán no pavillón municipal da Pobra de San Xiao.

Desta maneira, a delegación de deportes do Concello de Láncara promove estas actividades extraescolares no curso 24/25 para todos os nenos e nenas do municipio, que se poden apuntar a través do teléfono 982 543 066 e presencialmente na biblioteca municipal.

Desta maneira, os horarios serán os martes de 18.00 a 19.15 horas, no caso de atletismo; e os mércores de 19.00 a 20.15 horas no caso de baloncesto.

Pola súa banda, en fútbol sala haberá diferentes categorías con diferentes horarios: categoría baby, os xoves de 15.40 a 17.00 horas; categoría prebenxamín, os martes de 16.30 a 18.00 horas; benxamín e alevín, os luns de 16.30 a 18.00 horas e mércores de 15.40 a 17.00 horas; infantil e cadete, os luns de 18.00 a 19.30 horas e os mércores de 17.00 a 19.00 horas; e o xuvenil, os martes de 19.15 a 20.30 horas e os xoves de 17.00 a 19.00 horas.

Finalmente, as actividades de bádminton e pádel as clases estarán divididas en dos grupos, o grupo A terá as clases os luns de 19.30 a 20.30 horas e os do grupo B serán os xoves de 19.30 a 20.30 horas, aínda que as clases de pádel e bádminton comezarán en xaneiro.

0.1851589679718