O Concello de Láncara abre o prazo para solicitar o Bono Concilia Familia 2025

O Concello de Láncara informa da apertura do prazo para solicitar o Bono Concilia Familia 2025, unha axuda destinada ás familias con fillos e fillas nados entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2021.
O período subvencionable abrangue os gastos realizados entre o 1 de xaneiro e o 7 de setembro de 2025.
As solicitudes poderán presentarse desde o 8 de setembro ata o 8 de outubro de 2025 a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, onde tamén se pode consultar toda a información detallada. A convocatoria corresponde ao código BS412A.