O Concello de Láncara aproba un orzamento para 2023 que supera os dous millóns de euros

SarriaXa
O concello de Láncara aproba no derradeiro pleno un orzamento para 2023 que supera os dous millóns de euros
casa concello láncara
28 Nov 2022

No derradeiro pleno que tivo lugar a semana pasada no concello de Láncara, ratificouse un presuposto para o vindeiro 2023 dun total de 2.358.224 euros.

Esta dotación será destinada fundamentalmente para o arranxo de camiños rurais, o acondicionamento de rúas na Pobra de San Xiao (60.000 euros), a mellora da iluminación pública (65.000 euros) e se levará tamén a cabo unha reforma no punto limpo do municipio situado na estrada LU-P-2703. Estas contas saíron adiante grazas ós votos a favor do grupo de goberno (PSOE) e a abstención de PP e BNG.

Con respecto ó resto de asuntos tratados na orde do día, saíu adiante tamén un plan estratéxico de subvencións para o período 2023-2025 por importe de 25.000 euros ó ano, unhas axudas propostas pola alcaldía que serán destinadas fundamentalmente a colectivos.

0.18691492080688