O Concello de Láncara aprobou o orzamento para o ano 2025, que ascende a 3.039.659 euros
O Concello de Láncara aprobou o orzamento para o ano 2025, que ascende a 3.039.659 euros, un incremento de 321.000 euros con respecto ao presuposto deste ano.
Durante o pleno, o alcalde destacou a inversión que se prevé na zona de montaña, xa que o plan contempla 113.184 euros para un plan de mellora de estradas cun convenio coa Deputación de Lugo. Xa o deputado e concelleiro de Láncara, Rivera Capón, anunciara que a Deputación achegaría 110.000 euros para realizar melloras en varias estradas municipais e para adquirir un vehículo tipo SUV.
Concretamente, este investimento irá destinado ao acondicionamento de camiños municipais que dan acceso a lugares de montaña como Esfarrapa, Casablanca, O Furco e A Cortella, na parroquia de Santiago de Cedrón; e camiños de acceso a Bustelo, na parroquia de Vilouzán. Unhas actuacións que contemplan melloras do firme, que inclúen tarefas de limpeza e asfaltado.
Por outro banda, o pleno tamén aumentou un incremento da taxa da recollida do lixo polo aumento do canon de Sogama, unha suba de 10 euros ao trimestre en xeral, pero de 15 euros para o grandes produtores.
Finalmente, aprobouse instar de novo á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a mellora do servizo de transporte metropolitano escolar e aprobouse que o rexidor sexa o representante do Concello no consello escolar do CPI Ramón Piñeiro.