O Concello de Láncara celebra a súa Festa do Entroido con 1.750 euros en premios

O Concello de Láncara celebrará o esperado concurso de disfraces do Entroido 2025 esta tarde a partir das 16.30 horas, contando con diversas categorías para todos os públicos.
O evento ofrecerá atractivos premios para as mellores creacións, con premios que van desde os 50 ata os 300 euros, podendo chegar ata os 1.750 euros.
Os participantes poderán competir nas seguintes modalidades: Individual (maiores de 12 anos), Parellas (maiores de 12 anos), Comparsas Infantís (de 0 a 16 anos), Comparsas de Adultos (maiores de 16 anos) e Carrozas.
Para os máis pequenos, ofrecerase unha animación infantil con inchables e música, asegurando diversión para toda a familia.
Ademais, para ambientar aínda máis a festa, a Charanga Bamboleo acompañará o desfile co seu ritmo característico, e ao finalizar o concurso, percorrerá o pobo para seguir animando a celebración.