O Concello de Láncara celebra hoxe o día grande da XXIII Feira de Tenreira Galega

SarriaXa
La Feria de Ternera Gallega celebrará hoy 1 de mayo en A Pobra de San Xiao, Láncara, su día grande con actuaciones musicales.
feira degustacion tenreira galega
1 Maio 2022

A Feira de Tenreira Galega cumpre nesta edición o seu XXIII aniversario, é unha data xa consolidada na vila, ademais, neste ano celebra o seu recoñecemento como Festa de Interese Turístico de Galicia que foi concedido en febreiro de 2020 e que a pandemia impediu celebrar.

Os actos comezaron o pasado día 29 de abril, este día haberá unha Food Truck Experience con hamburguesas e pizza de tenreira galega e unha actuación musical a cargo do Dj Miguel de Cendoi.

O día 30 continuou coa celebración da XIII Festa dos avós que tivo lugar no campo da feira. Ás 12.00 foi a recepción da Corporación Municipal, ás 12.30 a homenaxe ao persoal sanitario. Pouco despois tivo lugar a actuación de gaiteiros da Asociación Cultural Val de Láncara que se estendeu ata despois do xantar. Ás 17.00 horas foi o campionato de tute e parchís con fins benéficos en favor da Asociación “Objetivo Diagnóstico”.

O día 1 de maio, o día grande da feira, ofreceranse actuacións musicais, artesanía, agricultura e o concurso de gando vacún. Ás 9.00 horas abrira a XXIII Feira da Tenreira Galega. Ás 11.30 haberá un pasarúas a cargo dun grupo de música tradicional. Ás 12.15 horas abrirán os stands de degustación gratuíta de queixos artesáns, marmeladas e sidra ecolóxica do país. A sesión vermú a cargo de Punto Clave será ás 13.00 horas. Media hora máis tarde, Rocío López Núñez dará o pregón. Ás 14.00 horas será o xantar con carne de tenreira galega suprema.

Xa pola tarde, ás 17.00 horas será a entrega de premios do concurso de gando vacún, ás 17.30 horas sortearanse dúas becerras e ás 18.00 horas finalizará a cita coa actuación de Punto Clave.

0.18026995658875