O Concello de Láncara convoca unha reunión urxente pola falta de pediatra no centro de saúde

SarriaXa
O encontro terá lugar o xoves 3 de xullo para abordar a situación de abandono sanitario que afecta ás familias do municipio
centro-de-saúde-de-Láncara
1 Jul 2025

O Concello de Láncara vén de convocar unha reunión urxente para o vindeiro xoves, 3 de xullo, ante a situación de desatención sanitaria que sofre o municipio pola ausencia dun pediatra no Centro de Saúde local. A cita está fixada para as 11:00 horas no Salón de Plenos da casa consistorial.

Nun comunicado dirixido ás familias, o Concello cualifica de “inadmisible” a decisión do SERGAS de non cubrir esta praza médica, ao considerar que prexudica gravemente á poboación infantil e ao conxunto das familias da zona.

As autoridades locais fan un chamamento á participación veciñal, destacando que a asistencia é fundamental para facer fronte a esta situación e exixir solucións inmediatas que garantan unha atención pediátrica axeitada.

⚙ Configurar cookies
0.15400409698486