O concello de Láncara ofrecerá o servizo Prescolar na Casa de forma gratuíta
O alcalde do concello, Darío Antonio Piñeiro López, vén de asinar un convenio co programa Preescolar na Casa polo que ofrecerá o vindeiro curso este servizo de forma totalmente gratuíta.
O que se pretende, en palabras do rexedor, é que "Láncara sexa un exemplo de conciliación. Que os pais teñan a oportunidade de poder desenvolver tanto a vida persoal como a profesional coas menos trabas posibles", afirma Darío.
O PROGRAMA
Preescolar na Casa é unha acción educativa, promovida por Cáritas, levada a cabo polas familias e nenos de 0 a 6 años do rural galego coa axuda de orientadores. A súa acción educativa parte da vida diaria e ten as súas raíces no contorno físico-social dos nenos e nenas.
A súa denominación vén da importancia que lle da o programa á acción educativa dos pais, das familias e dos nenos, na súa propia casa por medio das experiencias, actividades diarias, aproveitamento do entorno dunha maneira consciente y reflexiva.
Para levar a cabo esta formación de pais é necesaria a axuda e colaboración de profesionais, os orientadores, que xunto cos pais, reflexionan, afondan e sistematizan uns materiais elaborados polo propio programa. Esta acción educativa apoiase fundamentalmente nunhas reunións periódicas e programadas.
Preescolar na Casa intenta apoiar aos padres, nunha das tarefas máis importantes que van ter que desempeñar na súa vida, e para a que, paradoxalmente, non se esixe preparación: a educación dos seus fillos e fillas. Por iso, Preescolar na Casa achégase ás familias no seu propio medio (aldea), nun intento de valorar educativamente o seu espazo e contexto de vida e, á vez, responder máis adecuadamente as súas propias necesidades.
Os obxectivos principais do programa son: a preparación dos pais, pretender que os pais e as familias coñezan as etapas evolutivas dos seus fillos, conseguir que os pais sexan capaces de compartir e comparar a súa forma de educar ca de outros pais do grupo e lograr que as reunións e actividades contribúan ao desenvolvemento do tecido social e á socialización dos cativos.