O Concello de Láncara organiza un taller de graffiti
O Concello de Láncara organiza do 4 ao 8 de setembro un taller de graffiti impartido por Diego As e outros artistas da comarca.
Neste obradoiro poderán participar nenos e nenas de 6 a 16 anos e será na Pobra de San Xiao de 10.00 a 12.00 horas.
Para asistir será necesario anotarse chamando ao 982 543 066 ou 982 543 077, entre o 29 de agosto e o 1 de setembro en horario de 9.30 a 14.30 horas.
O lucense Diego Anido Seijas, máis coñecido como Diego AS, comezou a súa andaina no mundo do grafiti cando aínda era un adolescente. Desde entón, foi perfeccionando a súa técnica ata converterse nun dos grafiteros máis recoñecidos e galardoados no panorama nacional. Co seu traballo contribuíu a que en Lugo deixásese de vincular, de maneira case automática, grafiti e vandalismo.