O Concello de Láncara poderá construír unha glorieta de acceso á Pobra de San Xiao

SarriaXa
O Concello de Láncara poderá construír unha glorieta de acceso á Pobra de San Xiao entre a rúa Benigno Quiroga e a estrada autonómica LU-546
obras
28 Out 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de remitir ó Concello de Láncara esta autorización para a edificación dunha glorieta de acceso ao núcleo da Pobra de San Xiao na confluencia entre a rúa Benigno Quiroga e a estrada autonómica LU-546.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, afirma que se pon de manifesto “a vontade de colaboración para facilitar o labor dos concellos, especialmente no que se refire á execución de obras e dotacións públicas”.

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) recibiu a solicitude do Concello o 17 de agosto e, tras valorar a documentación e visitar a zona para realizar un informe de campo, emitiu a resolución favorable a pasada semana.

A rotonda construirase no punto quilométrico 12,300, no primeiro cruce de acceso ao citado núcleo de poboación desde a LU-546 en dirección Lugo-Sarria.

0.17274785041809