O Concello de Láncara programa o espectáculo familiar coa A Tarabela Ambulante

SarriaXa
A proposta gratuíta celebrarase o 27 de decembro no Polifuncional Campo da Feira e está recomendada a partir de 4 anos
A-Idea
15 Dec 2025

O Concello de Láncara promove para o vindeiro 27 de decembro unha nova proposta cultural dirixida a público de todas as idades coa representación do espectáculo da Tarabela Ambulante 'Idea', que terá lugar no Polifuncional Campo da Feira da Pobra de San Xiao ás 12:00 horas, con entrada libre ata completar aforo.

Trátase dunha obra pensada para gozar en familia, chea de cor, fantasía e música, que convida a deixarse levar pola imaxinación. A historia xira arredor de Mariña, unha nena á que o aburrimento lle fai voar a cabeza e que, a partir dese momento, dá paso a un mundo no que aparecen tarabelas de cores, dragóns, xigantes e múltiples sorpresas que captan a atención tanto da rapazada como do público adulto.

Desde o Concello destacan que se trata dun espectáculo divertido e creativo, recomendado a partir de 4 anos, que aposta pola cultura accesible e polo lecer compartido en familia, convertendo a Pobra de San Xiao nun punto de encontro para a imaxinación e o entretemento durante as datas do Nadal.

⚙ Configurar cookies
0.072399139404297