O Concello de Láncara saca a licitación melloras en vías de Toirán
SarriaXa
O goberno local sacou a licitación estes traballos, incluídos no Plan Único provincial, nalgo máis de 63.000 euros
27 Feb 2021
O Concello de Láncara vén de sacar a licitación a mellora de viais na parroquia de Toirán, nun total de 63.397 euros.
Levaranse a cabo traballos de acondicionamento no camiño da igrexa, a pista de Asteiro e a que comunica Cruceiro e Santa Cristina.
A actuación desenvolverase con fondos do Plan Único provincial, de tal xeito que a Deputación de Lugo achega 9.300 euros e o Concello de Láncara a cantidade restante.