O Concello de Láncara saca a licitación un contrato para controlar a auga para o consumo humano
SarriaXa
O Concello de Láncara vai levar a cabo unhas obras de control sanitario da auga para o consumo humano co fin de garantir a calidade da auga na rede de distribución e que cumpra cos requisitos para a súa potabilidade.
11 Xan 2024

Así, a través dun investimento de 26.230 euros, quere levar a cabo esta iniciativa no prazo de dous anos, que incluirá unha avaliación das fugas estruturais nas redes de distribución de xestión municipal.
O contrato xa saíu licitado para que unha empresa poida asumir os traballos, xa que o Concello de Láncara non conta cos medios técnicos nin persoais para a realización dos controis de calidade da auga.
Estes controis inclúen o autocontrol da auga de consumo humano, vixilancia sanitaria e control da auga na billa do consumidor.