O Concello de O Páramo inicia a selección de auxiliares de axuda no fogar
O Concello do Páramo abriu un novo proceso para a contratación temporal de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
A selección realizarase mediante a presentación da oferta na oficina de emprego de Sarria e as persoas interesadas deberán rexistrar a instancia de solicitude acompañada da documentación esixida no concello.
Entre os requisitos inclúese estar en posesión do permiso de conducir da categoría B, dispoñer de vehículo propio e contar co título de técnico en coidados auxiliares de enfermaría, atención a persoas en situación de dependencia, integración social ou títulos equivalentes. Tamén será válido o certificado de profesionalidade.
No caso de non haber candidatos que cumpran estes requisitos, admitirase a participación de persoas sen a cualificación exixida, que serán contratadas só na ausencia de aspirantes titulados.