O Concello do Páramo organiza a XV Festa da Xuventude o vindeiro 11 de xullo

SarriaXa
Unha noite de música, gastronomía e diversión para celebrar coa mocidade no corazón do Páramo
Festa-da-Xuventude-O-Paramo-2025
3 Jul 2025

O vindeiro venres 11 de xullo de 2025, o municipio de O Páramo celebrará unha nova edición da súa tradicional Festa da Xuventude, que este ano chega á súa XV edición.

A festa comezará ás 21:00 horas cunha churrascada popular, cuxos tickets poderán retirarse no bar instalado no recinto da festa a un prezo de 5 euros.

Despois da cea, continuará a festa con música en directo do grupo Punto Clave e da disco móbil Cocomusic, que contará coas actuacións dos DJs Casanova e Miguel de Cendoi.

O evento está organizado polo Concello de O Páramo e promete ser unha noite inesquecible chea de música, diversión e moito ambiente xuvenil.

⚙ Configurar cookies
0.16581320762634