O Concello de Paradela dedica os fondos do plan Deputación para arranxar e mellorar camiños
O Concello de Paradela está a dedicar os fondos do plan Deputación para arranxar e mellorar varios camiños municipais, xa que conta con 289.000 euros deste plan para o exercicio deste ano.
Concretamente, 6.000 euros van ser destinados a acondicionar os accesos aos núcleos de Fruxinde, na parroquia de Ferreiros, o núcleo de Cerxedo, en Castro de Rei de Lemos e A Vila.
Por outra banda, utilizaranse 50.000 euros do plan Deputación para mellorar o camiño de Val do Couto, en Castro de Rei de Lemos, e 35.000 euros para pavimentar o acceso de Rosende a Santa Cristina.
Tamén se mellorarán os accesos ao campo da festa de Barán desde o cruce de Cadeiras e a Paredes de Abaixo, que contará con 96.700 euros da Deputación e parte financiado polo Concello de Paradela.
Por outra parte, dedicaranse 15.500 euros da partida para financiar o Servizo de Axuda no Fogar e 32.600 euros para reforzar o emprego no Concello e a contratación de persoal no municipio.