O Concello de Paradela entregou un novo lote de produtos de primeira necesidade

SarriaXa
A entrega foi para Marta López Rodríguez e Iván Castro Díaz, pais do cuarto neno nado no municipio paradelense
cuarto-neno-nado-en-Paradela
29 Ago 2024

O Concello de Paradela fixo entrega dun lote de produtos de primeira necesidade ao cuarto neno nacido no municipio paradelense neste ano 2024.

O pasado mes de decembro o Concello de Paradela aprobou a Ordenanza que regula a concesión de axudas por nacemento ou adopción consistente na entrega dun lote de produtos valorado en 200 euros e dunha axuda económica directa de 1.000 euros, que se abona en dous prazos: o 75 % cando se solicita e o outro 25 % cando se acredite residencia efectiva dun ano dende o nacemento.

O obxecto desta Ordenanza é o fomento da natalidade e da adopción coa finalidade de axudar a fixar poboación dentro do termo municipal.

A alcaldesa, Montserrat Mulet, fixo entrega deste lote de produtos a Marta López Rodríguez e Iván Castro Díaz (portavoz do grupo socialista), veciños de Paradela (Andreade) e orgullosos pais de Martín Castro López.

0.31540083885193