O Concello de Paradela fixo outra entrega dun lote de produtos de primeira necesidade
O Concello de Paradela fixo entrega dun lote de produtos de primeira necesidade ao quinto neno nacido no Concello de Paradela neste ano 2024.
O pasado mes de decembro, o Concello de Paradela aprobou a Ordenanza que regula a concesión de axudas por nacemento ou adopción consistente na entrega dun Lote de Produtos valorado en 200 euros e dunha axuda económica directa de 1.000 euros, que se abona en dous prazos: o 75 % cando se solicita e o outro 25 % cando se acredite residencia efectiva dun ano dende o nacemento.
O obxecto desta Ordenanza é o fomento da natalidade e da adopción coa finalidade de axudar a fixar poboación dentro do termo municipal.
A alcaldesa, Montserrat Mulet, fixo entrega deste lote de produtos a Ismael López Álvarez, veciño de Castro de Rei (de Bacorelle) e orgulloso pai de David López González.