O Concello de Paradela informa das datas nas que terán lugar as viaxes á praia desde o municipio
O Concello de Paradela vén de anunciar as datas das viaxes á praia neste verán de 2024 durante os meses de xullo e agosto.
Desta maneira, en xullo comezarán o día 4 cunha viaxe a Pontedeume, seguirán o día 11 cunha viaxe a Montalvo e rematarán o día 18 cunha viaxe a Boiro. Pola súa parte, en agosto, xa o día 1 irán cara a Riveira, o 8 a Viveiro, o 22 a Miño e rematarán as viaxes o día 29 de agosto en Foz.
Todas elas sairán ás 8.30 horas diante do mercado gandeiro de Paradela e terán un custo de 7 euros para os adultos a partir de 14 anos empadroados en Paradela, mentres que as persoas que non están empadroadas deberán pagar 6 euros se son menores de 14 anos e de 12 euros se son maiores.
As persoas que desexen participar destas actividades deberán anotarse previamente no Concello e as persoas menores de 18 anos que viaxen sós deberán traer autorización asinada polo seu representante legal.