O Concello de Paradela mellora a eficiencia enerxética no Centro de Saúde

O Concello de Paradela vén de mellorar a eficiencia enerxética no Centro de Saúde da localidade grazas a un investimento de 40.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental 2024 da Xunta de Galicia.
Esta mellora ten como obxectivo reducir o consumo enerxético e mellorar a sustentabilidade do centro sanitario, nunha aposta pola optimización dos recursos e a reducción do impacto ambiental.
A actuación inclúe a renovación de sistemas de iluminación, a mellora do illamento térmico e a implantación de novas tecnoloxías para unha xestión máis eficiente da enerxía.
Con esta inversión, o Concello de Paradela pretende non só reducir a factura enerxética do centro, senón tamén contribuír á loita contra o cambio climático e promover prácticas máis respectuosas co medio ambiente.