O Concello de Paradela mellorou a eficiencia enerxética de varios puntos do municipio

SarriaXa
Con esta intervención, búscase reducir o consumo enerxético, mellorar a iluminación nestas áreas e contribuír á sustentabilidade ambiental do municipio
melloras-alumeado-público-Paradela
28 Feb 2025

O Concello de Paradela levou a cabo un proxecto de mellora da eficiencia enerxética en varias instalacións de alumeado público do municipio. As actuacións centráronse no Paseo Ruxidoira-Paradela, Pena-Mirallos e Bacorelle.

Este proxecto conta cun investimento de 36.058 euros e está financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental 2024 da Xunta de Galicia.

Con esta intervención, búscase reducir o consumo enerxético, mellorar a iluminación nestas áreas e contribuír á sustentabilidade ambiental do municipio.

As obras permitirán modernizar o sistema de alumeado público, incorporando tecnoloxías máis eficientes e sostibles. Deste xeito, lograrase unha redución na factura enerxética do Concello e unha menor emisión de gases contaminantes.

O goberno local de Paradela continúa apostando por iniciativas que promovan a eficiencia enerxética e o desenvolvemento sostible no municipio, garantindo así un mellor servizo para os veciños e unha xestión máis responsable dos recursos públicos.

⚙ Configurar cookies
0.37781381607056