O Concello de Paradela mellorou camiños municipais na Penarredonda e Acevedo

SarriaXa
As actuacións forman parte do Plan Camiña Rural 2025-2026 da Xunta de Galicia para reforzar a rede viaria local
mellora-en-camiños-municipais-Concello-de-Paradela
29 Mar 2026

O Concello de Paradela vén de executar novas actuacións de mellora en camiños municipais nas zonas da Penarredonda e Acevedo, co obxectivo de reforzar a rede viaria local e garantir unhas mellores condicións de acceso para a veciñanza.

Os traballos, que supuxeron un investimento de 69.039 euros, están incluídos no Plan Camiña Rural 2025-2026 impulsado pola Xunta de Galicia, unha iniciativa destinada á conservación e mellora das infraestruturas viarias no ámbito rural.

Desde o goberno local destacan que estas intervencións permiten avanzar no acondicionamento das vías municipais, facilitando a mobilidade e contribuíndo a mellorar os accesos ás distintas zonas do concello.

O Concello de Paradela subliña así o seu compromiso co mantemento e a posta a punto da rede de camiños, co propósito de ofrecer servizos de calidade á cidadanía e favorecer o desenvolvemento do medio rural.

0.11378002166748