O Concello de Paradela organiza cursos de natación e mantén o prazo aberto para o campamento de verán
SarriaXa
Con estas medidas, o Goberno local segue promovendo actividades de ocio para a cidadanía durante os meses de verán
11 Xul 2024
O Concello de Paradela organiza cursos de natación para nenos e nenas e adultos nas piscinas municipais durante os meses de verán e as persoas interesadas xa se poden apuntar a eles ata o vindeiro 17 de xullo.
Por outra parte, desde o Goberno local veñen de informar de que o campamento de verán, que comezou o pasado 1 de xullo que se estenderá ata o 30 de agosto, manterá o prazo de inscrición aberto para a participación de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos ata esgotar plazas os meses de xullio e agosto.
Así, promoven que todos os pequenos do municipio interesados en apuntarse unha semana ou quincena poidan facelo en calquera momento e desfrutar das distintas actividades organizadas.