O Concello de Paradela organiza unha recollida de plásticos agrícolas

O Concello de Paradela pon en marcha un operativo especial para a recollida de plásticos de silo e invernadoiro, co obxectivo de facilitar aos gandeiros o desfacerse dos residuos plásticos sobrantes ou xa utilizados nas súas explotacións.
A recollida realizarase na explanada do Mercado Gandeiro de Paradela durante os días 29 e 30 de abril de 2025, en horario de 9:00 a 14:00 horas, con persoal dispoñible para controlar o proceso.
O Concello de Paradela lembra que unicamente se recollerán plásticos de silo ou de invernadoiro, os cales deberán entregarse atados en fardos. Non se admitirán plásticos que conteñan restos de terra, herba ou outras sustancias, nin se permitirá a entrega doutros materiais como rodas ou garrafas de plástico, aceptándose exclusivamente plásticos de silo.
Unha vez rematado o operativo nas datas sinaladas, non se poderán realizar máis descargas de plásticos ata novo aviso.
Para calquera dúbida ou consulta, os interesados poden contactar co Concello de Paradela no teléfono 982 541 101.