O Concello de Paradela pon marcha o punto limpo móbil

O Concello de Paradela vén de informar sobre o funcionamento do punto limpo móbil que acaban de poñer en funcionamento co fin de mellorar a xestión dos residuos do municipio.
"O noso obxectivo é dobre: cumprir coas obrigas legais establecidas pola administracións competentes e traballar xuntos por unha Paradela máis limpa, sostible e eficiente", sostén, a alcaldesa, Montserrat Mulet.
No punto limpo poderanse tirar envases lixeiros e plástico; roupa, calzado e complementos; lámpadas e fluorescentes, aceite de cociña usado, pequenos electrodomésticos e botes de pintura, sprays e aerosois, e pilas.
Así, o punto limpo móbil estará cada semana nun lugar diferente para achegar o servizo a todas as parroquias de Paradela. Concretamente, no mes de abril estará en Mosteiro Vello do 21 ao 27; e en Outeiro, do 28 de abril ao 4 de maio.
En maio, estará do 5 ao 11 sen servizo para volver ao funcionamento o día 12 en Vilaragunte, ata o 18. Do 19 a0 25 de maio estará en Feasita e do 26 de maio ao 1 de xuño estará nas Cortes.