O Concello de Paradela realizará maña e o xoves a recollida de plásticos de silo

SarriaXa
Recollida de plásticos de silo no concello de Paradela para que os gandeiros poidan desfacerse dos plásticos sobrantes ou xa usados
plastico silo
plastico silo
8 Nov 2022

Ponse en marcha no concello de Paradela unha nova recollida de plásticos de silo e de invernadoiros para que os gandeiros poidan desfacerse dos plásticos sobrantes ou xa usados nas súas explotacións.

Os requisitos para levar a cabo tal recollida son sinxelos: só se recollerán plásticos de silo ou invernadoiro, os plásticos deberán estar atados en fardos, non poderán levar restos de terra, herba ou calquera outro material e non se poderán depositar rodas nin garrafas de plástico, só plásticos de silo.

O lugar onde os gandeiros poderán depositar estes plásticos será na explanada do mercado gandeiro de Paradela entre maña e pasado, días 9 e 10 de novembro, en horario de 09.00 a 14.00 horas. Persoal do Concello estará neste punto para controlar a recollida.

Para calquera dúbida, pódese chamar ó teléfono 982 541 101. Dende o propio Concello anuncian que non se poderán realizar máis descargas de plásticos ata novo aviso.

0.16317796707153