O Concello de Paradela remata o ano impulsando a natalidade coa entrega de axudas

SarriaXa
A alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet, fixo entrega do último lote do ano a Rocío Mato López, veciña de Reguenda
produtos-de-primeira-necesidade-Paradela
31 Dec 2024

O Concello de Paradela fixo entrega dun lote de produtos de primeira necesidade ao séptimo neno nado no concello neste ano 2024 co obxectivo de fomentar a natalidade e a adopción, buscando axudar a fixar poboación no termo municipal.

Esta entrega realizouse no marco da nova Ordenanza aprobada o pasado mes de decembro, que regula a concesión de axudas por nacemento ou adopción. A ordenanza establece a entrega dun lote de produtos valorado en 200 euros e unha axuda económica directa de 1.000 euros, que se abona en dous prazos: o 75 % no momento de solicitar e o 25 % restante cando se acredita unha residencia efectiva dun ano dende o nacemento. O obxectivo desta medida é fomentar a natalidade e a adopción, buscando axudar a fixar poboación no termo municipal.

A alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet, entregou este lote a Rocío Mato López, veciña de Reguenda (San Martín de Castro), que con orgullo recibiu o beneficio coma nai de David Fernández Mato.

Con iniciativas coma esta, o Concello de Paradela demostra o seu compromiso coas familias e co futuro da súa comunidade, buscando fortalecer as raíces e o crecemento demográfico local.

0.1192319393158