O Concello de Paradela solicita a colaboración dos veciños para recadar fotografías antigas
Debido á situación sanitaria que se está a vivir dende o ano 2020, o Concello de Paradela freou a realización de actos oficiais, promovendo así a seguridade dos seus veciños. Prescindindo así da celebración de xuntanzas e homenaxes.
Por este motivo, non se realizou ningún tipo de conmemoración polos 200 anos da entidade que cumpriu nese mesmo ano.
Coa chegada das vacinas, a mellora na conxestión hospitalaria e a volta á normalidade, o Concello, quere ir retomando pouco a pouco a actividade e comezar cunha exposición que reflicte a vida en Paradela.
Esta memorización especial será unha exposición de fotos antigas que axuden a recrear a historia do concello en imaxes. Para iso solicita a colaboración dos veciños para que lles fagan chegar fotos antigas dos distintos lugares, actividades e persoeiros do concello. Estas imaxes serán devoltas aos seus donos unha vez se realice a copia.
Para obter máis información pódese chamar ao número 982 541 101 ou nas oficinas municipais.