O Concello de Paradela vén de rematar as obras de mellora do camiño da LU-P-4201 a Vadacouto

SarriaXa
Así, defenden que “dende o Concello seguimos traballando para ofrecer mellores servizos a veciñanza”
LU-P-4201-Paradela
7 Out 2024

O Concello de Paradela vén de rematar as obras de mellora do camiño da LU-P-4201 a Vadacouto, que foi financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Agader dentro do Plan marco mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

Desta maneira, Agader aportou 56.700 euros para poder levar a cabo ditas obras e o Concello aportou 11.907 euros, sendo o custo total de 68.607 euros.

Así, din que “dende o Concello seguimos traballando para ofrecer mellores servizos a veciñanza”, polo que a alcaldesa, Monserrat Mulet, desprazouse ata o lugar donde se realizaron as melloras, para comprobar o remate e supervisión das obras realizadas.420

0.18094491958618