O Concello de Paradela xa ten públicas as bases para participar no Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López

SarriaXa
Desta maneira, as obras poderán presentarse ata o vindeiro 20 de novembro
premiados-XXVIII-certame-literario-manuel-oreste-de-Paradela
7 Out 2024

Xa están publicadas as bases do XXX Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López convocado polo Concello de Paradela.

Desta maneira, todas as persoas poderán participar desta iniciativa, presentando un texto de xénero narrativo e cunha extensión de 20 páxinas como máximo, ou de xénero lírico cun límite máximo de 100 versos.

As obras deben ser orixinais, inéditas, non premiadas en calquera outro tipo de concurso e estar mecanografadas ou escritas a ordenador, tanto en castelán como en galego.

Este ano haberá unha modalidade especial sobre o Camiño de Santiago, cunha soa categoría en narrativa e poesía en conxunto, pero cos mesmos requisitos que as demais.

Desta maneira, as obras poderán presentarse ata o vindeiro 20 de novembro, enviando o exemplar sen sinatura e cun lema ao Concello de Paradela ou por correo electrónico en PDF ao mail oix.paradela@eidolocal.es.

Os premios consistirán nun primeiro de 1.000 euros e un segundo de 500 euros para os dous xéneros principais e, na categoría do Camiño de Santiago haberá unha única recompensa de 1.000 euros. Así, ata maio non se saberá o gañador.

0.14936399459839