O Concello de Samos acollerá a exposición ‘Á violencia de xénero dille… Non!’

SarriaXa
Estará exposta entre o vindeiro 3 e o 15 de xaneiro na antiga biblioteca do municipio
Concello-de-Samos-25N
25 Nov 2024

O Concello de Samos acollerá a exposición itinerante da Xunta de Galicia baixo o nome de ‘Á violencia de xénero dille… Non!’.

A actividade é organizada Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Loita contra a violencia de xénero e no marco do acordó de Colaboración asinado entre o departamento e a Federación galega de Municipios e Provincias de Galicia (FEGAMP) para a conformación dunha rede de entidades locais contra a violencia de xénero.

Por isto, Samos foi un dos concellos elixidos para acoller esta exposición dirixida á mocidade entre o vindeiro 3 e o 15 de xaneiro na antiga biblioteca do municipio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15942001342773