O Concello de Samos adquirirá un tractor con desbrozadora e unha minipá para os labores municipais

SarriaXa
As empresas interesadas en presentarse aos procedementos abertos, poderán facelo ata este mediodía
limpeza-Capela-do-Ciprés-Samos
26 Jun 2024

O Concello de Samos vén de aprobar os expedientes para a adquisición dunha minipá e un tractor con desbrozadora de brazo lateral mediante un procedemento aberto.

Para esta maquinaria, destinará máis de 90.000 euros, xa que o trator suporá uns 65.219 euros e a minipá, pola súa parte, terá un custo de 25.410 euros.

O tractor, ademais da desbrozadora, debe levar unha cuchilla para a neve e será utilizado para axudar nos servizos municipais na mellora das infraestruturas viais das parroquias do municipio, ao igual que a minipá.

As empresas interesadas en presentarse a estes dous procedementos poden presentar as súas ofertas ata as 14.30 horas do día de hoxe, mércores 26 de xuño.

0.14310097694397