O Concello de Samos está a desenvolver tarefas de acondicionamento de diferentes estruturas do municipio

SarriaXa
O Concello de Samos vén de levar a cabo unha serie de actuacións e traballos para mellorar e acondicionar certos lugares do municipio.
pista Aián Samos
12 Maio 2024

O Concello de Samos vén de levar a cabo unha serie de actuacións e traballos para mellorar e acondicionar certos lugares do municipio.

Así, acometéronse traballos de limpeza no muro da Capela do Ciprés, pero tamén traballos de roza e acondicionamento no roteiro de Fiz Vergara Vilariño en Lóuzara, promovido pola Asociación Ergueitas de Sarria hai anos.

Finalmente, tamén se están a levar a cabo traballos nalgunhas vías de acceso a núcleos de poboación, como a pavimentación do vial de acceso a Aián, co fin de mellorar tamén a vida da veciñanza.

0.081624031066895