O Concello de Samos forma parte do Proxecto Ilumin@
SarriaXa
Este plan ao que se suma tamén o municipio samoense procura reducir o gasto enerxético canto menos, un 30%.
16 Jun 2022
O Concello de Samos está dentro do Proxecto Ilumin@. Este plan procura reducir o gasto enerxético, canto menos, un 30%. Deste xeito, propón o uso de lámpadas con tecnoloxía LED, conseguindo unha clasificación enerxética de A ou B, segundo as bases establecidas dentro do Real Decreto 626/2017.
A contía total do proXecto ILUMIN@ é de 542.348,74 €, "sendo a cofinanciación do FEDER dun 80% 433.878,97 euros asumindo a Diputación de Lugo o restante 20% con fondos propios, 108.469,77 euros".
Asemade, "o importe total da actuación do Concello de Samos é de 12.052,40 euros", consistindo a cofinanciación do FEDER nun 80%, 9.641,92 euros. Ademais, a Diputación de Lugo asume o restante 20% con fondos propios 2.410,48 euros