O Concello de Samos mellora a contorna da piscina municipal

O Concello de Samos completou recentemente unha serie de traballos de mellora na contorna da piscina municipal co obxectivo de ofrecer un espazo máis cómodo e seguro para os veciños. Entre as actuacións realizadas destacan os arranxos na piscina, a renovación do céspede, a colocación de rexillas e o coidado das prantas existentes.
Ademais, os labores incluíron o mantemento e a instalación de novo mobiliario urbano, creando zonas máis accesibles e agradables para o uso público. Estes cambios buscan facilitar a permanencia e o disfrute das instalacións durante todo o ano.
Como medida adicional de seguridade, instalouse un enreixado que separa a piscina da pista deportiva, garantindo un uso máis organizado das distintas áreas e protexendo aos usuarios, especialmente aos máis pequenos. Con estas intervencións, o Concello aposta por espazos públicos mellorados e máis funcionais para a veciñanza.