O Concello de Samos mellorará seis camiños municipais

SarriaXa
O Concello de Samos vén de comunicar que dedicará os preto de 280.000 euros do Plan Único da Deputación a pavimentación e mellora de camiños
casa do concello de samos
26 Abr 2021

O Concello de Samos vén de comunicar que dedicará os preto de 280.000 euros do Plan Único da Deputación a pavimentación e mellora de seis camiños municipais, entre eles o que une A Brea ata O Mesón; o de Estraxiz, Vilameá e a contorna do colexio; o que comunica Lusío e Toca, e os de os núcleos de Montán, Vila do Castro e San Cristovo de Lóuzara.

Ademais, das melloras en camiños vanse utilizar parte de este montante na construcción dun muro na praza de Vigo do Real, o cal será de mapostería e soleira de formigón.

0.2010669708252