O Concello de Samos organiza unha ruta circular para descubrir o seu patrimonio

SarriaXa
O encargado de conducir a visita será Xaime Fernández, historiador e guía turístico samanense, que este verán traballa na oficina de turismo de Samos
Capela-do-Ciprés-Samos
17 Jul 2025

O sábado 19 de xullo, o Concello de Samos organiza un roteiro circular guiado que permitirá coñecer mellor o rico patrimonio histórico e natural da vila.

A actividade desenvolverase entre as 18:00 e as 19:00 horas, cun percorrido accesible e pensado para todos os públicos. A saída terá lugar na Capela do Ciprés, un dos enclaves máis simbólicos de Samos.

O encargado de conducir a visita será Xaime Fernández, historiador e guía turístico samanense, que este verán traballa na oficina de turismo de Samos. Ademais deste roteiro, Xaime será tamén o responsable de outras visitas e propostas turísticas que se levarán a cabo no concello durante os meses estivais, coa finalidade de achegar a historia local tanto a visitantes como a veciñanza.

A actividade é de balde, pero é necesario inscribirse previamente. As persoas interesadas poden facelo chamando ao 628 274 541 ou enviando un correo electrónico a turismo@concellosamos.gal.

Esta proposta enmárcase na programación estival do Concello de Samos, que aposta por poñer en valor o patrimonio e promover un turismo cultural e sostible.

⚙ Configurar cookies
0.15915989875793