O Concello de Samos quere fomentar o turismo a través de melloras na vila
SarriaXa
O Concello de Sarria quere realizar modificacións da vila en prol a fomentar o turismo e a chegada de peregrinos.
5 Nov 2021
O Concello de Samos quere fomentar o turismo a través dunha mellora na entrada do Camiño de Santiago. Isto supón a construcción dunha praza na vila. A obra realizaríase na rúa Fontao preto da casa consistoral.
A construción desta praza enmárcase nun proxecto maior que tamén inclúe unha pasarela sobre o río Oribio e a adecuación dunha finca ao leito do mesmo para que a contorna sexa máis acolledora, promovendo que os turistas e peregrinos gocen dunha paisaxe natural.
300.000 euros sería o custe final que se estima deste proxecto que xa foi remitido á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.