O Concello de Samos quere promocionar o deporte da vila

SarriaXa
O Concello de Samos acordou no último pleno celebrado na vila incluír no próximo plan único da Deputación de Lugo
samos
9 Out 2021

O Concello de Samos acordou no último pleno celebrado na vila incluír no próximo plan único da Deputación de Lugo, unha solicitude para unha partida para a promoción do deporte en Samos.

Así pois, a vila conta cun equipo de fútbol sala, o Samos FS que compite actualmente en primeira autonómica e que xa comezou a adestrar, despois dun ano sen facelo a causa da situación sanitaria. Xunto a este club, tamén se atopa como representante do deporte da vila un club de automobilismo.

samos concello
0.075147867202759