O Concello de Samos saca a licitación unha pala retroescavadora
O Concello de Samos licitou o subministro dunha pala retroescavadora mixta cun importe de 102.850 euros. Esta máquina encargarase da realización de servizos municipais, co obxectivo de proporcionar aos distintos tipos de obra que se levan a cabo no Concello unha ferramenta acorde ás necesidades.
Esta máquina será empregada para facilitar as obras de restauración, pavimentación e conservación de infraestruturas.
Os interesados teñen ata o vindeiro 16 de marzo ás 14.00 horas para presentar as ofertas no rexistro do Concello. A empresa adxudicataria terá dous meses para facer entrega da máquina.
Esta é a segunda vez nun período curto de tempo no que o Concello saca a licitación a retroescavadora, a primeira delas, o verán pasado, quedou deserto ao no recibir ningunha proposta. Nesa ocasión, o concurso saíu por 76.835 euros.