O Concello de Samos segue realizando actuacións para mellorar a vida da veciñanza e dos visitantes

SarriaXa
O Goberno local de Samos continúa mellorando diferentes aspectos do municipio.
teito do pavillón de Samos
11 Dec 2023

O Goberno local de Samos continúa mellorando diferentes aspectos do municipio. Neste caso, está a limpar, acondicionar e mellorar o teito do pavillón de Samos, xa que aí é onde os nenos e nenas do Ceip Samos fan actividades deportivas, así como é o lugar onde adestran os xogadores do Samos FS.

Por outra banda, grazas a unha axuda da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés con valor de 4.000 euros, levouse a cabo a renovación do panel informativo que se atopa diante da casa do Concello despois dunha década.

O obxectivo desta mellora é a actualizar os lugares da vila para poder ofrecer aos peregrinos e visitantes un uso práctico deste panel, xa que Samos é un Concello clave para o Camiño Francés, que cumpliu este domingo 30 anos.

Coa axuda da Mancomunidade, o Concello tamén encargou o traballo de implantar a iluminación na rúa de entrada ao municipio samanense desde Triacastela, a baixada do reloxo da torre, o acondicionamento de diversas zonas públicas e a limpeza das beirarrúas e o río.

Panel informativo de Samos 2
Panel informativo de Samos
0.17473292350769