O Concello de Samos xa conta con nova maquinaria para traballar no municipio

SarriaXa
O Concello de Samos vén de adquirir un tractor con rozadoira lateral e coitela, e unha mini pá con tres cazos
nova-maquinaria-Samos
9 Ago 2024

O Concello de Samos vén de adquirir un tractor con rozadoira lateral e coitela, e unha mini pá con tres cazos grazas a un Convenio con Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación.

Desta maneira, con esta nova maquinaria, o Goberno local de Samos poderá levar a cabo máis traballos para melloras as parroquias do municipio.

Así, servirán para facer desbroces, limpar beirarrúas e demais labores a través dos operarios municipais que incrementarán o benestar dos veciños e veciñas de Samos.

0.071455001831055