O Concello de Sarria abre o prazo para solicitar o uso das instalacións deportivas
SarriaXa
As entidades e asociacións interesadas en facer uso dos diferentes espazos públicos destinados ao deporte na vila poderán solicitar o seu uso ata o vindeiro 31 de xullo
19 Jul 2024
A Concellería de Deportes do Concello de Sarria abre o prazo para a solicitude do uso das instalacións deportivas municipais para clubs durante a tempada 2024-2025.
A solicitude por parte das asociacións e clubs deportivos da vila pódese descargar na sede electrónica, solicitala no rexistro ou na web do Concello de Sarria.
Unha vez cumprimentada, pódese entregar presencialmente nas oficinas do Rexistro Municipal, no horario de atención ao público, presentando o impreso de solicitude; telematicamente, ou a través da sede electrónica do Concello de Sarria. O prazo é ata o día 31 de xullo de 2024 incluído.